A miúdo un empata unha mala noite con outra. E as veces, ao espertar, o mesmo diaño da noite vénche dando o día. Así que, hoxe, no que o goberno local pecha a radio municipal privándonos á veciñanza do dereito a estar informados do que pasa no noso concello, non é un día calquera.

Por mor deste temido "recorte democratico" esta noite tiven un pesadelo no que vin ó alcalde ás portas do concello uniformado de Xeneral cun mostacho rubricando un sorriso maligno e que,  por mor do devandito sorriso, non fun quen de apreciar se o babeiromoco tiraba á moda Franco ou á moda Hitleriana.
E aí estaba el, estirado, lucindo unha calcomanía da bandeira  pepetera pegada na testa, e compulsada!, dando fe do meu pesadelo.

Por favor, que alguén me belisque
  

0 comentos:

Publicar un comentario

Participa en Arteixolandia deixando a túa opinión.