No BNG de Arteixo xa estan fartos de que o goberno municipal do PP  lexitime, baseándose na súa maioría, unha falta de democracia que toma, como claro exemplo, o Regulamento Municipal. Este Regulamento provoca unha falta de liberdade que mesmo roza o anticonstitucional.

Calvelo e o seu Regulamento para Arteixo vai máis aló da Constitución poñendo infinidade de trabas a que os veciños e veciñas se enteren e informen do que sucede na casa consistorial. Un PP que, con Calvelo á cabeza, vai pór todos os atrancos a que se graven os plenos e a que entren no salón de plenos libremente a cidadanía.

Por todo isto o BNG de Arteixo esixe LIBERDADE para os grupos políticos que representan a miles de cidadáns de Arteixo, para os veciños que teñen o dereito a informarse libremente; TRANSPARENCIA e PARTICIPACIÓN de tódala cidadanía nos temas cruciais que tanto van a afectar no futuro e que agora mesmo son apartados da decisión e da información que deberían ter.
  

0 comentos:

Publicar un comentario

Participa en Arteixolandia deixando a túa opinión.