Silvia Seixas Naia, portavoz do grupo municipal do BNG, presenta as seguintes preguntas para a súa resposta escrita na sesión plenaria ordinaria.

Primeira: Recomendou vostede ou algún dos seus concelleir@s a persoas para que entraran a traballar en calquera dos servizos municipais xa sexan xestionados directamente ou por empresas?

Segunda: Teñen feito xestións con empresas para explicarlles cales van ser os procedementos, a duración dos contratos, para decirlles que tipo de oferta teñen que presentar?

Terceira: Presionouse nalgún momento a algún traballador municipal nalgún contrato para que fixera informes conforme ao que vostedes querían?

Terceira: Cal é a relación que ten con este concello e co goberno local o Señor Luís Patiño? A que empresas representa diante desta administración esta persoa?

Cuarta: Pode explicarnos que tipo de documentación se lle facilitou ou intentou facilitar por correo electrónico a Ángel Espadas tal e como aparece en varias conversas co concelleiro de obras?

Quinta: Que cuestións se trataron na xuntanza que tivo lugar o día en maio de 2012 e que segundo consta foi vixiada por aduanas e na que tivo lugar uns días despois en que estaban presentes a concelleira de Facenda, o de urbanismo e o de réxime interior?


A política é unha vocación de servizo público, que se debe exercer conforme aos principios da ética pública, da confianza e da responsabilidade ante a cidadanía. De aí tamén que, cando os cargos políticos aparecen nun sumario como o da Pokemon pola súa función pública, naza unha sospeita que atinxe á confianza da cidadanía sobre as institucións públicas. Un comportamento  pode  non ser delictivo, mais sí incompatíbel cos fins éticos do bo goberno.  A responsabilidade pola que debe rexerse todo cargo público implica actuar conforme á legalidade, á ética pública e ao principio de confianza, mais principalmente  conforme ao principio de obxectividade.

O BNG vén de coñecer que  o alcalde de Arteixo e o Concelleiro de Obras e servizos segundo as conversas teléfonicas gravadas pola Axencia Aduaneira, mantiveron xuntanzas en donde se falaba de contratos municipais (escola infantil, grúa, piscina...) e tamén nalgún momento se fai mención a posibilidade de recomendar á xente para postos de traballo ou de xuntanzas como a que ten lugar na escola de Pastoriza en que estiveron representantes municipais, da deputación e polo que se pode ver no sumario representantes da empresa Vendex.

Por outra banda e no que atinxe ao Concello de Arteixo parece en moitas das conversas o ex-concelleiro do PP Luís Patiño que parece actuar de intermediario entre o concello e a empresa. Resulta bastante sorprendente que a día de hoxe que nin o alcalde nin o concelleiro de obras deran ningún tipo de explicación ao respecto.

0 comentos:

Publicar un comentario

Participa en Arteixolandia deixando a túa opinión.