Un rapaz super famoso, super rico, super guapo, super novo, super super, é detido por participar nunha carreira ilegal. Ademais, acabou recoñecendo que consumira alcol, fármacos e marihuana. Porén, a pesar de que a súa irresponsabilidade, iso sí, axena a súa vontade, se le supone, non matou a ninguén.

Non podo deixar de facer unha comparanza co caso de certo bailarín, ou do protagonista estes días nos medios; Ortega Cano, matador, (agora si), e apreciar a xustiza caciquil desta España chamado país. De pasar aquí pediríanlle un autógrafo, xa que non matou a ninguén, e no caso de que houbese algunha vítima, pois unha palmadiña no ombreiro e a promesa de quitalo do marrón.

Dá noxo. Maestros, chámanlles, así, con letra capital. Homes que se cren feitos doutra pasta, homes de honor, varonís, de super testosterona, super amantes...de vivir do Maltrato aos Animais, así, tamén en maiúsculas.

En fin, xa que se nota o meu aprecio polos toureiros, aproveitarei para sacar o pano para pedir que lle corten as orellas e o rabo... e, xa que o goberno anda dándolle voltas á lei contra o aborto, espero que non lle provoque un á xustiza cun indulto.

0 comentos:

Publicar un comentario

Participa en Arteixolandia deixando a túa opinión.