26 setembro 2015

Feijóo seriamente tocado por mor de estar imputada  parte da súa cúpula da Xunta e do PP galego.

A dous días do 27S, medio goberno e a cúpula do PP deciden pórse  a falar en catalán.

15 setembro 2015

A asemblea informativa sobre o convenio  da reitoral,  emprazada para hoxe no parque do balneario, queda posposta por mor do temporal.

Grazas ao brote de  solidaridade do  PP, Rajoy acepta falar sobre o número de refuxiados.

13 setembro 2015

Ana Pastor anunciou que a conexión vial con Punta Langosteira estará rematada polo Nadal.

Segundo Feijóo, o acordo previo sobre o leite é o máximo legal posíbel.

02 setembro 2015

Namentres Feijóo practicaba o castelán o embaxador nipón fala o galego após asinar un convenio para promover conxuntamente os camiños de Santiago e o da illa nipoa de Shikoku

01 setembro 2015

Feijóo non comparece perante a oposición no Parlamento para dar explicacións sobre a oleada de incendios forestais deste verán e as xestións realizadas polo seu goberno para mitigar a crise que sofre o sector gandeiro pola caída dos prezos do leite.