A Agrupación Socialista de Arteixo acudirá á convocatoria dunha caravana reivindicativa para a liberalización da peaxe da AG-55 en Pastoriza, baseada nun acordo unánime de tódolos grupos da corporación arteixá.
A oposición abandona a sesión plenaria do Concello por mor dunhas actitudes que en democracia non se poden consentir. foi ao pleno a falar; sobre accesibilidade, sobre especies invasoras e temas de instalacións deportivas. e non a oír os parrafeos do alcalde, que non teñen nada que ver co pleno.
O concello organiza unha caravana para reivindicar a supresión da peaxe na AG-55. Será o vindeiro dous de xullo. A saída partirá ás once horas na Avda. Arsenio Iglesias con dirección ao Porto.
A localidade de Uxes organiza o 2 de Xullo unha xornada solidaria.Ás 18:00 charla sobre a situación dos refuxiados, ás 20:00 churrascada popular, e ás 21:00 concertos. ONG AIRE o 2 de xullo en favor dos refuxiados.
A Garda Civil de Arteixo detén a dúas persoas por causar danos no muro perimetral da croa e das defensas do castro.O castro atópase en terreos de propiedade privada, próximos ao vertedoiro selado de Monticaño, e quedou destruído para realizar unha plantación de eucaliptos.