Nace este blogue ao tempo que creo o personaxe de Cheíño para que me axude a analizar a vida cotiá do concello arteixán plasmando a realidade municipal nunhas viñetas cun enfoque humorístico, respectuoso e con moita retranca.
O obxectivo é demostrar ó mundo a través da rede que os veciños de Arteixo temos bo humor, polo que intento ofrecer unha imaxe distinta da habitual crispación, grosería e malos modos dos políticos.
Non se van librar o presidente do Goberno nin o da Xunta, xa que logo son parte culpábel do que nos afecta.
As ideas para as viñetas con nome propio atópoas principalmente nas novas que saen a través das redes sociais e dos medios de comunicación, polo que só son responsábel de reflectir con retranca as súas partidistas opinións.
Outros personaxes naceron no meu maxín para reflectir o que escoito pola rúa aos cidadáns de Arteixo. Intento deixar a un lado as miñas conviccións políticas para arremeter, principalmente, contra quen se atope no poder, sexa dun ou outro partido.


0 comentos:

Publicar un comentario

Participa en Arteixolandia deixando a túa opinión.